Lembrade que un bo xeito de pasar estes días na casa, sen deixar de construír o noso propio mundo cheo de historias interesantes, é LENDO.
Son de acceso libre e gratuíto.
Neste blog do Club de Lectura Papel e tinta do IES ILLA DE SARÓN de Xove poderás seguir a actividade de lectura que imos realizando curso a curso.
"Chamoume bastante a atención xa que ensinaba a aceptación e normalización do colectivo transexual. Moi bo libro."
"Esta novela gustoume moito polo feito de romper os temas tabús e ensinarlles aos nenos e nenas a aceptar aos demais, cada un pode ser como queira".
"De momento é o que máis me gustou de todos os que lemos neste curso porque aprendin moito con el e porque a forma na que contan a historia tamén me gustou."
Cora Buján Rouco.
"Foi o libro que máis me gustou xa que me parece que trata temas moi actuais , e aínda por riba é entretido. Paréceme que normaliza moito situacións que xa deberían de estar normalizadas, pero, por desgraza, non o están."
Eva Louzao Casas.
"Aínda que é libro pensado para un público xuvenil, a historia da protagonista tívome cautiva desde o primeiro momento. As reaccións dos amigos e da familia son tan diversos que é imposible non poñerte en situación.Como reaccionaría se tivese un fillo/a vivindo esa situación?"
Charo Canoura.
"Paréceme un libro máis recomendable para alumnos máis novos. A min resultoume algo infantil, pero, pensando neles, si que é altamente recomendable, xa que trata un tema que, ás veces é invisibilizado na nosa sociedade, e invita a que o vexamos de xeito normal. Non é que me tivese enganchada pero, repito, moi recomendable para alumnos de 1º de ESO pola temática tratada."
Sara Nóvoa.
“Encantoume por todo: temática, ilustracións, narrativa…”
Sara Jul
Déixovos este conto audiovisual de UNICEF que acabo de atopar na rede. Pareceume moi bo, por iso me gustaría que o escoitarades con atención...