Como aínda seguimos sen poder voltar ás aulas de xeito presencial, levamos a cabo un encontro por videoconferencia co alumnado e o profesorado integrante do Club de Lectura Papel e tinta para poñer en común a lectura do libro Viaje al país de los blancos de Ousman Umar.
Ao finalizar visionamos un vídeo de BBVA Aprendemos juntos onde o autor nos conta o difícil periplo que tivo que vivir ata chegar a España en busca dun futuro mellor.
Salientamos unha frase de Ousman Umar que nos parece moi importante:
"La educación es el motor de la transformación de cualquier sociedad".
Ousman Umar
Deixámosvos algunhas fotografías do evento telemático, así como as opinións expresadas por algúns asistentes.
“Gustoume moito porque o protagonista sofre pero pode saír adiante; tamén é un libro que trata a súa supervivencia e máis a dos seus compañeiros.”
Miguel Fra Baltar
"O libro Viaje al país de los blancos fíxome reflexionar, xa que estamos ante unha historia real contada polo propio home que viviu os feitos. Creo que é un libro que moita xente debería ler, e poñerse no seu lugar."
Enma Buján Rouco
"Este libro gustoume moito porque é un libro de aprendizaxe que todos deberiamos
ler."
Cora Buján Rouco
"Estamos ante unha historia real. Unha situación similar viviuna un dos alumnos que tivemos o curso pasado no instituto. Durante a lectura do libro a cara do protagonista foi sempre a do meu alumno. Escrita de maneira moi sinxela é unha historia que me enganchou."
Charo
“Gustoume como está escrito, é moi realista”. Sara Jul
"Persoalmente este libro encantoume. Pareceume que nos achega a unha realidade, para moitos descoñecida, dunha maneira moi cercana e fácil de comprender."
Karen Ramos
Enlace ao vídeo de Ousman Umar:











