Dado que moita rapazada segue a diferentes youtubers, propuxémoslles durante o confinamento que se convertesen en booktuber por un día.
A tarefa tratábase de falar sobre un libro en lingua galega, da súa autora/autor, dos aspectos que máis lle chamaban a atención da súa lectura e a súa opinión persoal, se lle gustara ou non e o motivo, animando os compañeiros/-as a que o lesen e empregando unha linguaxe atractiva, sinxela e, por suposto, dándolle cadaquén o seu estilo.
Houbo resultados moi satisfactorios, deixámosvos algunha mostra.
