Como non podía ser doutro xeito, o alumnado do IES ILLA DE SARÓN celebrou o Día de Rosalía coa lectura pública de Cantares Gallegos na entrada do propio instituto decorada con anterioridade con obxectos e libros da autora galega do Rexurdimento. Esta actividade realizouse en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística e o de Biblioteca.
Deixámosvos algunha fotografía que dá conta de distintos momentos da lectura en homenaxe a Rosalía de Castro.