31.10.19

ENCONTRO LITERARIO CON JORDI SIERRA I FABRA

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro foi o escenario o pasado mércores, día 30 de outubro, do encontro literario con Jordi Sierra i Fabra ao que asistiu o alumnado de 4º ESO do Ies Illa de Sarón en colaboración co Ies María Sarmiento. Jordi Sierra i Fabra é autor de infinidade de libros que nos últimos meses nos cativou cun vídeo sobre a súa propia estadía na escola. 
Entre os inmumerables libros de literatura infantil e xuvenil que ten publicados destacamos:
  • El asesinato del profesor de matemáticas.(2002)
  • El asesinato de la profesora de lengua. (2007)
  • El club de los raros. (2015).
  • Querido hijo, estás despedido. (2016)
  • Campos de fresas. (2017)
  • El detective.(2019)
Posúe máis de 50 galardóns e premios. Recentemente obtivo o Premio Lazarillo 2019 pola súa obra Como lágrimas en la lluvia.








Se queres ver o extraordinario vídeo de BBVA Aprendemos juntos, onde Jordi Sierra i Gabra explica a súa propia experiencia, pica aquí: "Leer me salvó la vida, escribir le dio un sentido"



30.10.19

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Nos últimos días o alumnado da ESO estivo a redactar os seus relatos de terror, medo ou intriga para celebrarmos o SAMAÍN. Convocamos un concurso no que as/os gañadoras /-es ademais de levaren un diploma acreditativo, acadaron doces elaborados polo alumnado de 4ºESO e un agasallo sorpresa.
Parabéns ás/aos gañadoras/-es!!















7.10.19

Participantes do Club de Lectura

O resultado da reunión do pasado venres foi moi satisfactorio. 
Participamos un total de 11 alumnos e alumnas de 1º e 2º ESO e 6 de 3º e 4º ESO e entre o profesorado asistiron 10 profes/-as, así que imos pensar nos libros para ler e nun logotipo para o club. A profesora moderadora do grupo de 3º e 4º ESO será Rosario Canoura e a do grupo de 1º e 2º ESO, Pilar López
Seguiremos informando.

1.10.19

ENCONTRO LITERARIO COA ESCRITORA IRENE REGA JUL

O pasado 30 de setembro o alumnado de 1º ESO tivo ocasión de escoitar, na Biblioteca do centro, a escritora Irene Rega Jul, autora de Si me pierdo, tú me encuentras y Si me pierdo, búscame. Ao finalizar a charla, o alumnado puido formularlle todo tipo de preguntas e curiosidades acerca do proceso da escrita.
Irene Rega Jul (San Cibrao, 1996), como ela mesma di, medrou nun fogar cheo de libros e de lectores que lle inculcaron esta afección dende moi pequena. Dende nena gustoulle ler libros e crear as súas historias a partir da súa lectura, para, pouco  a pouco, pasar a inventar as súas propias historias.



Libros publicados de Irene Rega Jul 

 

Fotos do encontro:





27.9.19

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

Estás interesado en participar nun club de lectura do IES ILLA DE SARÓN?
Se é así, participa na reunión o vindeiro día 4 de outubro ás 10:30 na Biblioteca. Está aberta a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias e persoal non docente)
Anímate e participa.

CONTO AUDIOVISUAL DE UNICEF: "CONTAXIO"

Déixovos este conto audiovisual de UNICEF que acabo de atopar na rede. Pareceume moi bo, por iso me gustaría que o escoitarades con atención...