A posta en común do libro de Iria Misa, Mamá quero ser Ziggy Stardust, por parte do profesorado e o alumnado da ESO que participou foi francamente enriquecedora e a valoración da súa lectura foi moi positiva. Acordamos ler para a vindeira xuntanza o libro de Ousmar Umar, Viaje al país de los blancos.
Deixámosvos algunha fotografía do acto e opinión das/dos asistentes.
"Chamoume bastante a atención xa que ensinaba a aceptación e normalización do colectivo transexual. Moi bo libro."
Enma Buján Rouco.
"Esta novela gustoume moito polo feito de romper os temas tabús e ensinarlles aos nenos e nenas a aceptar aos demais, cada un pode ser como queira".
Miguel Fra Baltar.

"De momento é o que máis me gustou de todos os que lemos neste curso porque
aprendin moito con el e porque a forma na que contan a historia tamén me gustou."
"Foi o libro que máis me gustou xa que me parece que trata temas
moi actuais , e aínda por riba é entretido. Paréceme que normaliza moito
situacións que xa deberían de estar normalizadas, pero, por desgraza, non o están."
Eva Louzao Casas.
"Aínda que é libro pensado para un público xuvenil, a historia da
protagonista tívome cautiva desde o primeiro momento. As reaccións dos amigos e
da familia son tan diversos que é imposible non poñerte en situación.Como
reaccionaría se tivese un fillo/a vivindo esa situación?"
"Paréceme un libro máis recomendable
para alumnos máis novos. A min resultoume algo infantil, pero, pensando neles,
si que é altamente recomendable, xa que trata un tema que, ás veces é
invisibilizado na nosa sociedade, e invita a que o vexamos de xeito normal. Non
é que me tivese enganchada pero, repito, moi recomendable para alumnos de 1º de
ESO pola temática tratada."
Sara Nóvoa.
“Encantoume por todo: temática, ilustracións, narrativa…”
Sara Jul